RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Para gañar en Santander hai que facer moitas cousas ben e ter as ideas moi claras

Miguel Ángel Lotina fixo pública a súa receita para gañar este domingo ao cinco da tarde no Sardinero: "Temos que facer moitas cousas ben e ter as ideas moi claras". Destacó además que o Racing "é o menos goleado

Manifestou Lotina que ten claro o once "pero aínda non llo dixen aos xogadores. Quero que todos estean preparados". Explicou tamén o adestrador deportivista a ausencia na convocatoria de Wilhelmsson: "Os médicos dixéronme que había risco de rotura. Vale que unha vez nos pasase, como foi con Andrés Gardado, pero outra vez é de parvos. Preferimos que descanse e que se recupere".

Precisamente catro futbolistas optan á praza que deixa vacante o internacional sueco no once inicial "teñen opcións reais de xogar: Valerón, Joan Verdú, Juan Rodríguez e Riki. O catro achégannos cousas diferentes".

Pola súa banda, o central Adrián López manifestou, tamén en sala de prensa, que "de momento estou moi contento por entrar na convocatoria. O de xogar é algo que aínda non nos dixo o míster".