RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Pido á afección que reciban cun forte aplauso a Lafita

Miguel Ángel Lotina, como é habitual, compareció ante os medios de comunicación na primeira sesión semanal do Deportivo. Pidió á afición que renda un aplauso ao ex deportivista Lafita, agora no Zaragoza. "Men

Algunhas das súas frases na sala de prensa foron estas:

Angulo ou Filipe

"A súa reaparición marcarana un pouco os médicos".

Renovación de Riki

"Paréceme fenomenal. Xa volo comentei o outro día. A el véselle moi feliz".

Continuidade de Rochela nas convocatorias

"É un futbolista que transmite seguridade e confianza. Non é nada fácil debutar como o fixo el, en Valencia e ante eses dianteiros. E estivo moi ben".

Imaxe do equipo

"O sábado, en Valencia, fomos o equipo da primeira volta. O noso reto é facer o mesmo en casa".

Lassad

"Está mellor e un pouquiño ansioso. Falei con el porque quere facer todo demasiado rápido. É difícil que o Dépor fiche a alguén mellor que el. Por iso preocúpame máis que acabe xogando con regularidade que todo o demais".

Adrián
"En partidos como Xixón ou Sevilla estivo moi ben. Aínda é moi novo e aos poucos. Estou convencido de que o próximo ano vai dar outro paso".

Baixa de Gardado

"Este ano tivemos problemas de banda toda a tempada. Os xogadores de feito pedíronme non cambiar de sistema porque sente cómodos con el".

Canteirán de banda
"Non queremos enganar á xente. Pero se Perico Ramallo dime que hai alguén que se está saíndo, pois adiante".

Pretemporada
"Está pechado un trofeo en Suíza, onde pasaremos uns días. Tamén estamos a traballar para xogar en Berlín e en Atenas ante o Olimpiacos. É un equipo que me gusta moito xogar porque enchen o campo e aínda que sexa un amigable parece un partido de competición".