RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Todos temos ganas de empezar a gañar e imos con esa ilusión

Os 20 xogadores do Deportivo citados por Lotina para o partido de mañana luns ás 21.00 horas en Anoeta ante a Real Sociedade e para o encontro do xoves 28 ás 21.00 en Pamplona ante Osasuna de Copa do Rei chegaron á primeira hora desta tarde ao Hote

Esta mañá en Abegondo, antes de partir de viaxe, Lotina asegurou ante os medios de comunicación que "todos temos ganas de empezar a gañar e imos con esa ilusión. Logo xa haberá tempo de pensar na Copa".
 
Confirmou que de inicio actuará de mediocentro Rochela e admite que "estamos como máis convencidos e con máis ganas. Vexo ao equipo máis seguro de si mesmo". Ensaiou no campo dous da Cidade Deportiva cun once formado por: Aranzubía, Laure, Colotto, Ze Castro, Seoane, Rochela, Rubén Pérez, Desmarets, Juan Rodríguez, Adrián e Lassad".
 
Eloxiou ao rival de mañá, a Real Sociedade do ex deportivista Martín Lasarte: "É un equipo coas ideas claras e calidade arriba. Fichou a dous dianteiros que están ao alcance de poucos equipos. E xa tiña calidade en banda e en segunda liña do ano pasado. En defensa ten poucas equivocacións. É un equipo como moi claro. Ten moi claro esas dúas ou tres cosas".
 
Lotina di estar "convencido de que temos bos dianteiros e xente con gol. Véxoos traballar todos os días e vexo que van chegar. O importante é que cheguemos á área, que esteamos preto da portaría rival. Recuperamos a dous xogadores importantes esta semana, como Valerón e Riki, e non teño dúbida neste sentido".
 
O Dépor sairá en Anoeta a por o tres puntos. "Nós imos tentar xogar ao ataque. É evidente. Non estamos para meternos atrás. Pero o fútbol é como o melón, ata que o abras non se sabe se está bo ou malo".
 
Pola súa banda, Rubén Pérez manifestou tamén na sala de prensa do Mundo do Fútbol que o vestiario está "moi tranquilo. Sabemos que temos xente de calidade para ir cara arriba".