RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas: ''agora o Deportivo está a volver a atopar o seu xogo''

  Lucas Pérez compareció esta tarde na sala de prensa de Abegondo. Habló do Espanyol, rival do Dépor este sábado 20 de febreiro en Cornellá - O Prat (Canle + Liga / Abono Fútbol): "A situa

A pesar desta situación, cualifica ao conxunto espanyolista de moi "perigoso. Na súa situación aínda máis. Ímonos a atopar un equipo con moitas ganas, que vai saír a morder, a por todas; e que ten a necesidade de gañar".

O pichichi deportivista asegura que o Dépor saltará ao coliseo perico "a tentar gañar como gañamos aquí no noso. Imos con todas as ganas, que nós tamén necesitamos esa vitoria para reencontrarnos con ela despois do bo xogo que penso está a facer o equipo".
 
Sobre os empates, Lucas opina que "moitos equipos que están por baixo na táboa cambiarían a súa situación por estar como estamos nós.Non perder tamén é bo. Pero cando estamos tan preto da vitoria e non conseguila, dá rabia".
 
Cre que "agora o Deportivo está a volver a atopar o seu xogo, ese que tempo atrás polos numerosos partidos que tivemos seguido non o atopamos. Despois do partido da Valencia atopamos outra vez o noso xogo e temos que seguir así, nesa liña, para tentar sacar o tres puntos".