RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas: ''os partidos estamos a expolos moi ben, tanto en casa como fose''

  Lucas, autor dun dos goles da xornada pasada ante o Athletic Club, subrayó en rolda de prensa en Abegondo que "estamos a facer un bo añou. En casa non tan ben comno fóra. Estamos moi contentos, os partidos estamos a expolos m

Precisamente dese gol que iniciaba o pasado domingo a remontada ante o Athletic Club, falou Lucas: "Pode ser un dos máis bonitos da miña carreira, pero eu gárdolle un gran recordo ao que marquei en Ucraína, no meu primeiro 'hat trick', de volea desde fóra da área. Para min foi o mellor. Gardo o balón en casa ben gardado".

Asegura que o Dépor viaxa este sábado a Málaga para o partido da Rosaleda (22.05, TVE) "con moita ilusión, ante un rival que está moi necesitado de gañar. Na súa casa vai saír a morder. Temos que expor ben o partido, facer o noso partido e sacar o tres puntos".
 
Insiste en que o Málaga "é un gran equipo, como demostrou todos estes anos. Non nos podemos confiar porque ninguén nos vai a regalar nada".
 
Lucas, co equipo en sexta posición e empolicado nos primeiros postos do pichichi, prefire manter os pés no chan: "Non fixemos nada aínda. Eu persoalmente non fixen nada aínda. Hai que seguir. Isto é moi longo. Hai que seguir traballando e axudar ao equipo".