RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas Pérez vaticina o luns ''un partido moi bonito de ver, moi disputado''

  Lucas Pérez cre que o Deportivo se xoga este luns 11 de abril ante a UD As Palmas (20.30, Canle+ Liga / Abono Fútbol) "puntos importantes para achegarnos canto antes á permanencia. Eles veñen dunha serie de partidos moi b

Compara ao equipo grancanario co Raio Vallecano, "pola maneira que ten de xogar, saíndo desde atrás, arriscando. É a idea que teñen e estalles funcionado. Penso que fan un gran fútbol. É un fútbol moi vistoso. Todos os equipos teñen moita dificultade co fútbol que eles fan. Crean moitas oportunidades, teñen moita posesión de balón. Vai ser un partido moi bonito de ver, moi disputado aquí en Riazor".

Sobre o regreso de Juan Carlos Valerón a Riazor, opina o pichichi deportivista que "volve un ídolo, o '21' do Deportivo. Terá o recibimento que se merece". Lembra "as noites máxicas que nos fixo pasar co Deportivo a min e a miles de deportivistas. Iso é algo que non se vai a esquecer e váiselle a ter un agarimo especial. Aquí sempre será a súa casa e será ben recibido sempre".
 
Subliña que "cando levabamos 13 partidos sen gañar inflúe no anímico. Despois dunha vitoria, e ademais contra o Levante, sacarlle máis puntos para que sigan aí en postos de descenso, pois iso axuda animicamente. E nos derbis, aínda que vaias mal, ou veñas moi ben, iguálanse todas as forzas".
 
Advirte Lucas que sumar os 3 puntos ante As Palmas e alcanzar os 40 puntos, "aínda non di a liga que estamos salvados, pero estamos máis preto do obxectivo".
 
É máis, confía en que cando o Dépor alcance matematicamente a salvación, "vai xogar doutra maneira. Vaise a ver outro Deportivo. Non imos regalarlle puntos nin partidos a ninguén. Iso está máis claro que a auga".
 
Da súa achega ao grupo, cos seus 15 goles, sostén Lucas que "estou aquí para xogar, para facer o meu traballo, para marcar goles neste caso. O esforzo que fixen ao vir aquí e o traballo que fixen pois as cousas sáenme ben. Non é o equipo de Lucas Pérez. Os meus compañeiros axúdanme a min, eu axúdolles a eles, axudámonos entre todos. Ao final o traballo é colectivo. Para min é un orgullo que o Deportivo siga en Primeira División, e salvándose canto antes mellor".
 
Capitán durante uns minutos o pasado sábado na segunda metade de #ONosoDerbi, confesa que "me chocou un pouco. Non levo nin dous anos no Club. Para min foi un orgullo. Pero temos uns capitáns que están sempre aí, que sempre nos apoian, axúdannos. Espero que siga moito máis tempo Manuel Pablo, que é o capitán e para min sempre será o capitán".