RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luís Alberto, contento ''pola imaxe do equipo, por estar tan unidos'' en #ONosoDerbi

  Luís Alberto compareció ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. Se mostró "contento pola imaxe do equipo, por estar tan unidos, polo traballo que fixemos. Ao final é un punto que nos sabe a bastante m&a

Subliña o atacante deportivista que en #ONosoDerbi, "o equipo fixo un partido moi correcto en todos os aspectos. Quedamos co punto moi traballado ante un bo equipo como é o Celta. Agora a por a vitoria ante As Palmas aquí en casa e quedar máis tranquilos".

Na xogada que protagonizou Luís Alberto, que puido supor o 0-2, "se a meto, o partido fose doutra forma. É un 0-2, estabamos moi ben, moi tranquilos, tiñamos o partido bastante controlado. Vaime facendo penalti pero eu tento seguir, seguir, seguir. Ao final tampouco tiro. O que se equivoca son eu. Ou me teño que tirar ou metela. Pero iso xa pasou".
 
Quixo agradecer o apoio dos afeccionados branquiazuis na bancada de Balaídos, porque "sempre dan un plus máis aos xogadores".
 
A nivel persoal, confesou atoparse "ben. Son partidos que gusta xogar, son partidos bonitos. A verdade é que foi un partido moi limpo dentro de todo o que é un derbi e iso é bo para o fútbol e para a deportividade".
 
Agora, ante As Palmas este luns 11 de abril en Riazor (20.30 horas, Canle + Liga/ Abono Fútbol, "queremos chegar aos 40 puntos e tentar sempre sumar os máximos posibles, e non ter que esperar aos dous últimos partidos. Hai que tentar pechalo xa e quedar tranquilos en todo o que resta de tempada".