RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luís Alberto cre que a clasificación do Málaga é enganosa

Luís Alberto estrelló o pasado domingo ante o Athletic Club dous balóns á madeira, que converten ao Dépor, cun total de 5, no segundo equipo con más disparos aos paus da liga BBVA, por encima do Real Madrid e sóo por detr&aacut

Sostén o atacante andaluz que se foi de Riazor "cun sabor amargo. Tivemos bastantes ocasións para facer máis goles pero ao final como se pon o partido un punto é bo tamén e ante un rival como o Athletic".

Recoñece Luís Alberto que esta semana, na que o Dépor visita Málaga (sábado 24 de outubro ás 22.00 horas, TVE), é "especial para min polo meu pasado. Vai ser un partido no que vou estar cento por cento máis motivado".

Tras o seu paso polo Málaga a campaña pasada, agarda un bo recibimento do público da Rosaleda, porque "a afección sempre me tratou ben. Non creo que haxa ningún problema. Espero que me salga un partido redondo".

Por este motivo, se marcase un gol co Dépor este sábado, non o celebraría: "Por respecto á afección, por como me tratou á miña o ano pasado. Non creo que deba de celebralo. Hai que ter sempre respecto porque eles sempre mo tiveron a min".

Precisamente do conxunto malaguista, opina Luís Alberto que "é estraño que estea aí. Engana a súa clasificación porque ten equipo para estar máis arriba. Viralle mellores resultados seguramente".

Por este motivo, cualifica ao Málaga de rival "moi perigoso" e pide "estar concentrados en todos os aspectos porque traballan moi ben os partidos. Creo que vai ser un partido moi disputado".