RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luisinho: "O equipo ten que estar tranquilo porque está a xogar ben"

Luisinho compareceu esta mañá ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. "É un partido importante. Vimos dunha derrota dolorosa e encaramos ese partido como outro calquera, pero sabemos que é importante e difícil", di o defensor portugués do choque deste sábado na Rosaleda ante o Málaga (13.00 horas, Bein Sports).

Apunta que o equipo "ten que estar tranquilo porque está a xogar ben, xa o demostrou contra o Sevilla, que era un rival difícil, un dos mellores equipos de Europa. Nós demostrámolo aquí e témolo que facer fóra".

Lembra que tanto o Málaga como o Deportivo teñen baixas, que "o partido vai ser difícil para os dous, eles xogan ben en casa, demostrouno tamén contra o FC Barcelona. Espero que nos toque gañar o partido porque nos veñen ben o tres puntos".

Preguntado por Kameni, unha das figuras na Rosaleda, opina que os malacitanos "non é só Kameni. Ten un equipo moi equilibrado".

En canto á traxectoria ligueira, non cre que o Dépor baixe fisicamente co transcurso dos minutos: "O equipo compite ben. Contra o Sevilla e a Valencia eran rivais fortes e difíciles. O equipo competiu o noventa minutos. Cando ti non ganas e cando necesitas eses puntos, nos minutos finais tes esa ansiedade de querer que os partidos se acaben rápido e que o tres puntos queden connosco. E cando recibes un gol cando menos espérallo o equipo non sabe reaccionar moi ben. Hai que traballar nese aspecto porque sabemos que os minutos finais foron importantes neses dous partidos".

Luisinho recoñece que "non estamos a atravesar un bo momento. O equipo está a xogar ben pero non está a conseguir os puntos que quere. Imos a Málaga a gañar. É un partido importante porque vimos de cinco partidos sen gañar. Queremos xa en Málaga conseguir ese tres puntos".

Non cre que o problema sexa falta de confianza. "Temos confianza pero cando necesitas gañar esa ansiedade é perigosa para ti, porque necesitas os puntos, porque estás nunha zona non moi cómoda na táboa. É unha liga competitiva e dura e esa ansiedade vese como ante o Sevilla, Valencia ou Granada. É máis ansiedade que outra cousa", explica.