RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lux: Non penso en volver xogar e si en recuperarme canto antes

Confirmada a lesión de xeonllo de Poroto Lux, a meta deportivista compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo. Reconoció estar "amolado porque se me cortou un pouco a ilusión que tenía esta tempada.

Insiste en que está xa pensando en arrincar "a recuperación, seguir apoiando aos meus compañeiros desde fóra, neste sete partidos que quedan de liga. O luns temos un partido moi importante que, de gañar, quedariamos xa un pouco máis tranquilos".

Asegura que "non penso en volver xogar e si penso en recuperarme canto antes. Xa veremos cantas semanas son".

Lembra a xogada na que se lesionou, no pasado #ONosoDerbi, precisamente na acción do empate do Celta: "Vese claro no vídeo que me mostraron. Vou voando nun sentido e engancho a perna con Sidnei e vírama no outro sentido".

Deuse conta, confesa, "no momento, ao caer no piso, sentía que algo me pasou. Pero non sabía. Despois souben que foi porque quedei enganchado con Sidnei. Pensei que era polo golpe ao caer no piso. No momento de camiñar sentía algo estraño, algo novo. A sensación de inestabilidade cara adentro non a tiven nunca. Tratei de seguir. Despois fixen entrar outra vez ao médico para ver se con algunha vendaxe podía seguir. Pero nin coa vendaxe. Sentía que a xeonllo me fallaba".

Descarta Lux calquera tipo de relación coa lesión sufrida hai varias tempadas en Córdoba, e que tamén o tivo varias semanas apartado do grupo: "A única similitude é que é na mesma xeonllo. Os médicos dinme que teño un xeonllo moi flexible, un corpo moi flexible, e iso pode axudar sempre nestes casos".

Subliña o porteiro branquiazul que "cando tes unha lesión nun ligamento creo que o importante é recuperalo ben porque o risco de rompelo está aí. Se chegamos a ese punto, non serían seis ou sete semanas, senón moitos meses".

Cre Lux que "o equipo está preto de cumprir o obxectivo que temos de inicio de tempada. Esperemos que cunha vitoria o luns contra As Palmas (20.30 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol) practicamente non matematicamente o equipo podería quedar tranquilo xa".