RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lux: O que pensa que ésto está feito comete un erro grande

Germán Lux, un dos futbolistas destacados no Anxo Carro, compareció en rolda de prensa en Abegondo. O internacional arxentino fixo unha chamada á prudencia: "Temos que seguir cos pés sobre a terra. A tempada está sendo moi dura.

Cre a meta deportivista que "o que temos que facer é tratar de atopar os erros e melloralos para esta recta final. Durante toda a tempada fomos un equipo moi sólido e en dous partidos metéronnos cinco goles. Éso é o balance que máis ou menos facemos".

Do partido de Lugo do pasado sábado, manifestou que "a verdade é que moi contentos non estamos. Sacamos un punto, lamentablemente despois de ter unha vantaxe considerable. Pero isto é fútbol, son cousas que poden pasar".

Opina que o Dépor "na segunda parte non o fixemos ben. O Lugo agarrando confianza co primeiro gol puido empatar e mesmo gañar".

Insiste Lux en que "ésto é fútbol e equivocámonos. Cometemos erros. Non soubemos manexar a situación e ter a pelota. O Lugo non nos presionaba. Tiñamos que ter a pelota e circular máis o balón para que o tempo fose avanzando".