RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Máis de 13.000 deportivistas teñen xa o seu asento para a próxima temporada. O xoves conclúe a reserva para os socios

Cos abonados que durante a mañá de hoxe na OAD e a través de internet renovaron o seu abono, son xa máis de 13.000 os deportivistas que retiraron o seu carné para a Temporada 2018-2019 e por tanto xa teñen a súa localidade garantida para a próxima campaña que arrinca a segunda fin de semana de setembro en ABANCA-RIAZOR ante o Sporting de Gijón.

Até onte ás 00:00 h., 12.769 deportivistas xa tiñan o seu carné, dos cales 621 son novas altas e máis de 12.000 renovacións.

Até o xoves 2 de agosto manterase a reserva do seu asento (activa desde o pasado 11 de xuño) que, de non ser renovado, quedará liberado e posto a disposición doutros socios. Aínda que este ano non hai Trofeo Teresa Herrera no verán e LaLiga non empeza en ABANCA-RIAZOR até a cuarta xornada do campionato, é importante lembrar que estas son as datas destacadas do calendario da campaña de abonados:


3 ao 7 de agosto: cambios de localidade de asentos liberados só para socios e só mediante cita previa.

8 ao 10 de agosto: alta de socios de asentos liberados só mediante cita previa.

11 de agosto: subida do 5% no prezo dos abonos.

Debido ás obras da cuberta do Estadio ABANCA-RIAZOR, a Oficina de Atención ao Deportivista trasladouse provisionalmente á Oficina Principal de Correos (c/ Alcalde Manuel Casás s/n), polo que se recomenda utilizar a plataforma de cita previa (citaprevia.rcdeportivo.es), que cumpre a súa terceira temporada activa, para axilizar os trámites e reducir as colas.

Igualmente, por quinta campaña consecutiva, os afeccionados poderán renovar o seu carné por internet, a través da web abonos.rcdeportivo.es. Tamén está dispoñible, un ano máis, o sistema de financiamento do abono a través de ABANCA, cuxo trámite poderá realizarse de forma directa na OAD.

CONSULTA Ou DESCARGA AQUÍ TODA A INFORMACIÓN DA CAMPAÑA DE ABONOS DO REAL CLUB DEPORTIVO 2018-2019