RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Máis de 300 deportivistas apoiarán ao equipo en Mendizorroza

Unha vez concluída a venda das entradas postas a disposición do RC Deportivo por parte do Alavés, serán preto de 350 afeccionados os que apoien ao equipo branquiazul en Mendizorroza, este sábado 17 de febreiro ás 18:30 horas.

Para este partido fronte ao conxunto vitoriano, correspondente á 24ª xornada de LaLiga Santander, mobilizáronse un total de 22 penas: Barcelona, Berro da Xabreiro, Boa Vila, Bodipo, Camándulas, Chaflán, Cheka, Djalminha, El Bierzo, Estrela dos Castros, Jaballi, La Cabaña del Cazador, Llodio-Anduriña, Miau Miau, O Padriño, O Roxo, Perla de Arousa, Piratas de Muxía, Rebumbio, Rías Baixas, Teixeiro e Ventorrillo.