RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo continuará unha tempada máis como capitán do Dépor

Manuel Pablo García Díaz (Bañaderos, As Palmas, 25 de xaneiro de 1976) continuará defendendo unha tempada más as cores do Real Club Deportivo. O capitán branquiazul, con contrato en vigor ata 2018, estará a

Deste xeito, Manuel Pablo continuará agrandando a súa lenda ao disputar o seu décimo oitava tempada como xogador do Real Club Deportivo desde a súa chegada na Tempada 1998-99, procedente da UD As Palmas. Co Dépor suma 380 partidos en Liga, o segundo futbolista que máis veces vestiu a camiseta dun Dépor co que gañou unha Liga, unha Copa e dúas Supercopas, gozando dos mellores momentos e tamén dando a cara nos peores do equipo desde 1998. Ademais disputou 43 choques en Copa do Rei, 31 en Liga de Campións, 10 en Copa da UEFA e Liga Europa, 9 de Intertoto e 2 da Supercopa de España.
 
O canario está citado para incorporarse á pretemporada do equipo o vindeiro xoves 2 de xullo ás 9.00 horas.