RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo: ''Sempre tentei ser un bo compañeiro, unha persoa que axudase ao Club''

  Coa presenza de todos as súas compañeros, técnicos e empregados, Manuel Pablo puxo fin esta mañana cunha rolda de prensa en Abegondo á súa etapa como futbolista en activo do Real Club Deportivo. Atrás quedan 482

Tras atender aos medios de comunicación, o capitán deportivista pediu a palabra:
 
"Agradecer a todos os compañeiros cos que compartín, á miña familia, a estes compañeiros que teño aquí diante, que me apoiaron moito. E a todos os traballadores que estiveron aquí moitos anos comigo. A toda a xente de Abegondo que me tratou sempre sinxelo. Aos presidentes, ás Palmas tamén que me viu crecer, educoume. E á afección. Tentei ser un xogador de Club, tentei axudar e síntome querido desde o primeiro día que cheguei á Coruña. Só transmitirlle isto a todos os deportivistas. Todo o agarimo que llo tentei dar de todas as maneiras posibles".
 
Aplaudido ao principio e ao final pola sala, respondeu en primeiro lugar ás preguntas dos xornalistas: "Sabía que podía chegar en calquera momento. Estou contento con todo, coa representación que teño aquí. Feliz de todo o que tentei conseguir, de todo o apoio que tiven deles, porque sempre me apoiaron. Contento co que empeza para min. Son un aprendiz. Estou un pouco desorientado aínda. Sei que me gusta ésto, teño paixón. Tenteillo transmitir a eles".
 
Recoñece que Gaizka Garitano "explicoumo moi ben. A verdade é que é unha boa idea. Sempre me gustará o día a día. Pero seguirei aí próximo noutra faceta. Contento igual".
 
O seu novo cargo no Club, segundo confirma o propio Manuel Pablo será "ao principio próximo a Richard (Director Deportivo). Quero aprender tamén como traballa o míster, o seu corpo técnico, os xogadores. Un pouco todo. Gústame. Sinto agarimo por todo isto. Tentarei axudar neste sentido".
 
Confesa o internacional deportivista que "para min foi un privilexio estar o día a día con eles. Vivín grandes momentos, peores, pero sempre tentei ser un bo compañeiro, unha persoa que axudase ao Club. E iso é o que tentei día a día.  Nos momentos malos houbo que apertar. Sacáronse adiante. Oxalá cheguen épocas boas. É o que está a tentar o Club. A min tocoume unha gran parte boa".