06/06/2014 12:18 |
Marchena, con gastroenterite, deixa o seu lugar na convocatoria para Xirona a Luís Fernández
- Foto: Iratxe Vieites - Carlos Marchena causará baixa de última hora para o partido de mañana sábado (18.30, A Sexta TV.é) ante o Xirona en Montilivi. O central deportivista non puido adestrarse por mor dunha gastroenterite. Luís Fernández ocupará o lugar de Marchena na convocatoria.