RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Miguel Llorente reestablecido completamente nas súas funcións

Unha vez recibido o informe e as conclusións da comisión de Compliance do RC Deportivo, o Consello de Administración do Club determinou restablecer completamente nas súas funcións ao adestrador do Deportivo ABANCA, Miguel Llorente.

Por mor dunha denuncia anónima recibida na Canle Ética do RC Deportivo, e após o estrito e pormenorizado proceso interno levado a cabo cumprindo todos os protocolos da entidade, a comisión de Compliance concluíu que non se produciu ningunha actuación irregular nin sancionable por parte do adestrador do primeiro equipo feminino en canto á vulneración do Código Ético e de Disciplina Interna da entidade.

En calquera caso, con afán construtivo, o Consello de Administración decidiu amoestar verbalmente ao técnico coa intención de que se fortalezan e melloren as canles e fíos de comunicación que en ocasións se descoidan pola tensión competitiva.

Comunicada a Miguel Llorente, ao corpo técnico e ao cadro de xogadoras a conclusión do informe, e dado que a súa situación quedaba restablecida con total normalidade, o técnico madrileño xa dirixiu esta tarde ao equipo no primeiro adestramento da semana en Abegondo e mañá ofrecerá unha rolda de prensa.