RCD / NOVAS

Miriam renova o seu compromiso co Deportivo ABANCA

21/06/2018 13:54

Trala renovación de Nuria, outra xogadora que formou parte do histórico primeiro cadro do Dépor ABANCA, Miriam Ríos, comprometeuse para continuar vestindo a camiseta branquiazul.

A defensa central cumprirá a súa terceira temporada no primeiro cadro feminino do Deportivo. A xogadora coruñesa, que con anterioridade militaba no Orzán, disputou co Deportivo ABANCA un total de 45 partidos en Segunda División Nacional, nos que anotou 15 goles

Aos seus 30 anos, Miriam seguirá achegando experiencia, carácter e liderado ao cadro que dirixe Manu Sánchez.