RCD / NOVAS

Mollejo, con España sub-19, mídese hoxe a Dinamarca nun amigable

26/02/2020 08:30

Foto: - @SEFutbol -

Víctor Mollejo entrou na lista de convocados da selección española sub-19 para un partido amigable ante Dinamarca que terá lugar hoxe mércores 26 de febreiro ás 11:00 horas nas instalacións de Pinatar Area, na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.

O atacante deportivista concentrouse con España o pasado luns, após o partido en Zaragoza; e incorporarase de novo aos adestramentos co Dépor mañá xoves.

Máis novas de: MOLLEJO