RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mosquera vaticina que 'vai estar difícil entrar no once'

Pedro Mosquera compareció en rolda de prensa en Abegondo. Destacó que o Deportivo chega "ben, moi ben" ao terceiro partido da liga BBVA: "Estamos a traballar moito físicamente. Tivemos un par de días libres, pero

O centrocampista coruñés subliña que "en defensa estamos a demostrar que o equipo está moi xunto, moi ordenado e súper traballado. E en ataque estamos a tentar que a fluidez que nos faltou ante a Real Sociedade ou noutros partidos collela, mellorala e chegar con máis claridade á área".

Cre Mosquera que aínda é "pronto para ver se os equipos funcionan ou non funcionan. Van moi poucos partidos, e seguramente a clasificación que hai agora varía moito de final de tempada. O Raio é un equipo que lle gusta xogar, pero sempre ten partidos que se cadra se lles apertas ben, ten imprecisións e aí pódeselle facer dano".

Iso si, recalca que "non debemos fixarnos no rival, temos que estudalo. O que importa é o que fagamos nós. Temos calidade para ter personalidade e xogar ben en calquera campo.

Lembra Mosquera que o "Raio é un equipo que con balón xoga moi ben, pero tamén aperta moito sen balón. Eu tiven a sorte de gañar alí algunha vez e sempre son partidos moi complicados. Eles tentan tamén ter sempre a posesión do balón. Así que vai ser complicado. Temos que saber sufrir sen balón e logo con balón tentar facer dano".