RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mujaid e Borja, protagonistas en zona mixta de Mestalla

Borja Valle e Mujaid, que debutou como titular en Primeira División, atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de Mestalla.

O dianteiro berciano queda "non coa derrota, á fin e ao cabo levamos varias semanas descendidos. Quedo co traballo do grupo, coa súa profesionalidade, en como defendemos este escudo".

Lembra que é "moi difícil estar na situación que estamos nós e ser tan profesional".

Por este motivo, asegura que "nos imos coa cabeza moi alta, con orgullo por ser profesionais, por traballar até o último día como fixemos".

Pola súa banda, Mujaid confesou estar "moi contento por xogar aquí. O malo foi o resultado, pero polo menos ímonos con boas sensacións".

O central xuvenil apunta que "ao principio, ves o ambiente que hai, estaba un pouco nervioso. Pero logo funme soltando e estaba máis tranquilo".