RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González queda coa "boa reacción do equipo" tralo segundo gol local

Natxo González subliñou na sala de prensa de La Romareda, trala derrota copeira do Deportivo, "a boa reacción do equipo" tralo segundo gol do Zaragoza, no minuto 50. "Reaccionamos, metemos máis ritmo, fomos máis verticais e estivemos a piques de empatar", engadiu.

Nesta liña, cre o técnico deportivista que o equipo se enfrontou esta noite a unha "situación nova", cunha desvantaxe de 2-0 no marcador, "e demos unha boa resposta", concluíu Natxo González, que regresaba a La Romareda tralo seu paso a campaña pasada polo banco do Zaragoza.

Explicou a situación de Pedro Mosquera no terreo de xogo, incrustado entre os centrais na saída de balón: "A idea era saír con 3 e logo manter un pouco a posición porque o Zaragoza é un equipo que aos espazos corre moito e adoita deixar 3 xogadores descolgados en zona delicada".

Aínda que houbo moitos cambios nos dous equipos, lembra que este partido vale para a competición ligueira: "A idea é sempre a mesma cuns xogadores ou con outros. Ao final esta experiencia servirache de cara ao futuro".