RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Novo ensaio previo á visita de mañá sábado ao AD Alcorcón

O Dépor adestrouse por segunda vez esta tarde a partir das 18.20 en Los Ángeles de San Rafael (Segovia). Foi o penúltimo ensaio antes de visitar mañá sábado 15 de setembro ao AD Alcorcón en Santo Domingo (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), en choque correspondente a 5 xornada en LaLiga 1|2|3.

Mañá sábado, os futbolistas branquiazuis regresarán ao céspede ás 8:30 para unha nova sesión. Ao finalizar, Natxo González dará a lista de futbolistas convocados.

Esta tarde, tiveron tratamento médico e de fisioterapia Borja Valle e Dubarbier; mentres que Quique González traballou ás ordes do readaptador, Fran Molano.

Após un quecemento, xogos de activación e uns rondos, Natxo González dispuxo dun partido táctico 11 contra 11, durante o que impartiu constantes instrucións aos seus futbolistas.