RCD / NOVAS

Nuria Rábano, do Deportivo ABANCA, entra nunha primeira lista de España para a Fase Final do Europeo Sub-19

07/07/2017 21:01

A futbolista do Deportivo ABANCA Nuria Rábano entrou nunha primeira lista de 24 xogadoras para disputar coa Selección Española Sub-19 a Fase Final do Campionato de Europa da categoría, en Irlanda do Norte do 6 ao 21 de agosto.

Nuria concentrarase na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid) do luns 24 ao venres 28 de xullo, nunha primeira etapa de preparación. Ao finalizar esta concentración, farase pública a lista definitiva de 18 convocadas que viaxarán a Irlanda do Norte o 6 de agosto.

España quedou encadrada no grupo A, con Irlanda do Norte, Alemaña e Escocia. O calendario da Primeira Fase do conxunto español é o seguinte:

Martes 8 de agosto
19:00: IRLANDA DO NORTE - ESPAÑA, no National Football Stadium de Belfast

Venres 11 de agosto
15:00: ALEMAÑA - ESPAÑA, no Shamrock Park de Portadown

Luns 14 de agosto
19:00: ESPAÑA - ESCOCIA, no Mourneview Park de Lurgan

Os dous primeiros de cada grupo pasan ás semifinais, que se xogarán o xoves 17 de agosto.