RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Athletic Club examinará ao Xuvenil A en oitavos de final de Copa

O Xuvenil A medirase ao Athletic Club de Bilbao nos oitavos de final da Copa do Rei, cuxo sorteo tivo lugar este mediodía nos locais da Federación Española na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid). A eliminatoria, a dobre partido, xogarase os días 13 de maio (12:00 horas) a ida en Abegondo; e o 20 de maio en Lezama.

O Xuvenil A accedeu á competición copeira como subcampión do grupo 1º da División de Honra.

O conxunto que prepara Rubén Coméndez acabou a competición regular con 68 puntos, con 21 partidos gañados, 5 empatados e 4 perdidos. Foi o equipo máis goleador, con 83 goles, e tamén o menos goleado: 22 tantos encaixados.

Pola súa banda, o Athletic Club foi campión do grupo 2º da División de Honra con 70 puntos, con 3 puntos de vantaxe sobre a Real Sociedad.

Os 'leóns' gañaron 22 partidos, empataron 4 e perderon 4. Anotaron 92 goles e encaixaron un total de 45.