RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Benxamín A pechou hoxe domingo o ano 2018 para #ANOSACANTEIRA

Cuarta e última xornada dos torneos amigables do Nadal en #ANOSACANTEIRA, con competición hoxe domingo unicamente para o Benxamín A, que foi semifinalista da Palma Cup 2018.

Concluíron onte a súa participación o Infantil A, sexto da Aragón Cup de Huesca; o Alevín A, eliminado en oitavos de final da Copa Íntegra Enerxía en Oviedo; e o Alevín B, sexto no Torneo de Nadal do Concello de Vigo.

Desta forma, ponse punto e final para o ano 2018 en #ANOSACANTEIRA, que volverá aos campos o vindeiro domingo 6 de xaneiro, co partido do Fabril en Abegondo ante o Real Valladolid B (12:00 horas).

O Benxamín A cae hoxe nas semifinais da Palma Cup 2018

O Benxamín A participou en Palma de Mallorca na Palma Cup 2018.

O cadro deportivista, que protagonizou un gran torneo, caeu nas semifinais (1-2) ante o Real Mallorca. 

Os resultados do equipo que dirixe Pablo Barros foron os seguintes:

Primeira Fase
Xoves 27 de decembro
BENXAMÍN A 2 (Gael e Iago Vázquez) - SD LA SALLE 0

Venres 28 de decembro
CD CIDE 0 - BENXAMÍN A 1 (Gael)
UD POBLENSE 1 - BENXAMÍN A 4 (Ioan -2-, Trigo e Íker)

Sábado 29 de decembro
BENXAMÍN A 4 (Paulo -2-, Trigo e Nico) - UD ARENAL 0

Oitavos de final
BENXAMÍN A 3 (Paulo, Christian e Pablo) - ROTLET-MOLINAR 0

Domingo 30 de decembro
Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Ioan -2- e Joaquín) - ATLÉTICO BALEARES 0

Semifinal

BENXAMÍN A 1 (Joaquín) - MALLORCA 2

O Infantil A acaba sexto clasificado da Aragón Cup

O Infantil A, que se acaba de proclamar campión do grupo norte da liga Galega, competiu na Aragón Cup 2018, torneo que se desenvolveu en Huesca desde o pasado xoves.

Após quedar apeado das semifinais na Primeira Fase, aínda sen perder ningún partido, o Infantil A caeu onte sábado ante o Alavés (1-3) e acabou o torneo na sexta praza.

Os resultados do equipo que dirixe David Lagar e Juan Villamisar foron os seguintes:

Primeira Fase
Xoves 27 de decembro
SD HUESCA A 0 - INFANTIL A 0
EVERGRANDE FOOTBALL SCHOLL 1 - INFANTIL A 2 (Martín e Martiño)

Venres 28 de decembro
INFANTIL A 1 (Domínguez) - LACROSS BABEL CF 1

Partidos polo 5º ao 8º posto
INFANTIL A 4 (Mardones, Domínguez, Mella e Martín) - REAL ZARAGOZA 3

Sábado 29 de decembro
INFANTIL A 1 (Domínguez) - ALAVÉS 3

Os penaltis apearon ao Alevín A en Oviedo

O Alevín A, recente campión da Primeira Comarcal A Coruña, interrompeu o seu descanso do Nadal para participar na Copa Íntegra Enerxía en Oviedo.

O conxunto deportivista, após completar unha Primeira Fase con pleno de triunfos, caeu na quenda de penaltis (2-3) dos oitavos de final; após empatar (0-0) co CD Roces no tempo regulamentario.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
Venres 28 de decembro
ALEVÍN A 3 (David, Daniel e Murilo) - ATLÉTICO DE LUGONES 2
ALEVÍN A 6 (Daniel, Marcos, Brais, Pedro, Jorge e un futbolista rival en propia meta) - EF VIESQUES 0

Sábado 29 de decembro
ALEVÍN A 5 (Marcos, Samuel, David -2- e Daniel) - REAL VALLADOLID 2

Oitavos de final
ALEVÍN A 0 - CD ROCES 0. Por penaltis: 2-3

O 2018 pechouse para o Alevín B en Vigo onte sábado 29

O Alevín B despediu 2018 na 3ª edición do Torneo do Nadal Concello de Vigo, que se xogou onte sábado 29 de decembro no campo municipal Manuel Pahiño (Navia).

O equipo que prepara Luis Pastur finalizou sexto ante uns rivais formados por xogadores un ano maior que os deportivistas, co que iso supón nestas categorías de iniciación.

Os resultados do Alevín B foron os seguintes:

Primeira Fase
FC PORTO 2 - ALEVÍN B 0
CRISTO DE LA VICTORIA SD 2 - ALEVÍN B 1 (Balbas)

Fase de Consolación
ALEVÍN B 0 - PABELLÓN OURENSE CF 1