RCD / NOVAS

O Betis chega a Coruña mañá ás 19.30

19/12/2016 12:16

A expedición do Real Betis, rival no partido de volta de dezaseisavos de final de Copa este mércores 21 de decembro en Riazor (21.00 horas), ten previsto aterrar mañá martes 20 de decembro ás 19.30 horas no Aeroporto da Coruña.

Na cidade herculina, o hotel de concentración do conxunto bético é o Tryp Coruña (zona de Cuatro Caminos).