RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete A abre mañá a xornada de liga en #ANOSACANTEIRA

Un partido adiántase a mañá venres na xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA. O Cadete A recibe en Abegondo (18:45 horas) ao Atlético Coruña Montañeros CF, en partido da División de Honra.

Xa a fin de semana sobresaen dous encontros, os dous lonxe da Cidade Deportiva.

A Fabril visita ao CF Salmantino o domingo 17 ás 17:00 horas no Estadio Helmántico. Luisito, trala vitoria da pasada fin de semana, busca referendar a recuperación do filial deportivista ante un rival tamén da zona baixa.

E na División de Honra, o Xuvenil A mídese ao RC Celta no derbi galego da categoría. O choque xogarase na Madroa o domingo 17 ás 16:30 horas.

Ademais do Cadete A, xogan en Abegondo o Deportivo ABANCA B (domingo ás 12:00), Xuvenil B (sábado ás 11:30), Infantil A (sábado ás 10:30) e Infantil B (sábado ás 10:30).

Finalmente, o Alevín B disputou o seu partido de liga correspondente a esta xornada o pasado sábado, posto que o conxunto deportivista participa esta fin de semana nun torneo amigable en Xenebra (Suíza).

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
25ª xornada: CF SALMANTINO - FABRIL, o domingo 17 de febreiro ás 17:00 no Estadio Helmántico (Salamanca)
Clasificación: ... 15. CF Salmantino, 28 puntos; 16. AD Unión Adarve e Burgos CF, 26 puntos, 18. CDA Navalcarnero e Rápido de Bouzas, 21 puntos; 20. Fabril, 17 puntos

Categoría feminina
20ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SD VILLESTRO, o domingo 17 de febreiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Deportivo ABANCA B, 53 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 49 puntos...

Categoría xuvenil
24ª xornada: RC CELTA - XUVENIL A, o domingo 17 de febreiro ás 16:30 na Madroa
Clasificación da División de Honra: ... 4. CD Lugo, 40 puntos; 5. Real Oviedo, 39 puntos; 6. Xuvenil A e Ural CF, 38 puntos; 8. Bansander, 30 puntos...

23ª xornada: XUVENIL B - AROSA SC, o sábado 16 de febreiro ás 11:30 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria CF, 42 puntos; 4. Xuvenil B, 39 puntos; 5. CD Choco, 38 puntos; 6. CD Conxo Santiago, 37 puntos...

Categoría cadete
23ª xornada: CADETE A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o venres 15 de febreiro ás 18:45 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 60 puntos; 2. Cadete A (un partido menos), 53 puntos; 3. Ural CF, 47 puntos...

23ª xornada: ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE - CADETE B, o sábado 16 de febreiro ás 12:15 no Municipal Manuel Regueiro (A Estrada)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 3. Racing Villalbés, 43 puntos; 4. Cadete B, 38 puntos; 5. Galicia de Caranza e CF Dumbría, 36 puntos; 7. Bergantiños CF B e CD Calasanz B, 35 puntos...

Categoría infantil
6ª xornada: INFANTIL A - EF PORTERO 2000, o sábado 16 de febreiro ás 12:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Galega, Fase polo Título: 1. Infantil B, 15 puntos; 2. Pabellón Ourense CF, 13 puntos...

25ª xornada: INFANTIL B - CD CALASANZ B, o sábado 16 de febreiro ás 10:30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 72 puntos; 2. Ural CF B, 64 puntos...

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 2ª xornada: EF RACING DE FERROL A - ALEVÍN A, o domingo 17 de febreiro ás 12:00 no campo de Aneiros (Ferrol)

Categoría benxamín
13ª xornada: BENXAMÍN A - SD SAN TIRSO A, o sábado 16 de febreiro ás 10:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 32 puntos; 2. CD Calasanz A, 31 puntos...

Segunda Fase da Segunda Comarcal, grupo 1º, 2ª xornada: SPORTING CORUÑÉS C - BENXAMÍN B, o sábado 16 de febreiro ás 10:30 na Torre (campo 1.1)