RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete adxudicouse o Memorial Marcos Gómez en Viveiro

O Cadete dobregou (0-2) ao Viveiro CF (xuvenil) e adxudicouse no Municipal viveirense a IV edición do Memorial Marcos Gómez. Noe e Jorge foron os goleadores branquiazuis neste segundo test estival para o equipo que prepara Darío Cotelo.

Cadete: Román, Ayana, Hugo Torres, Oreiro, Adrián Vázquez, Diego, Guerrero, Noe, Jorge, Luis e Iraitz. Tamén xogaron: Jaime Calviño, Adri, José Rey e Adrián.

O vindeiro sábado 4 de setembro está previsto un novo amigable para o Cadete. Será en Abegondo ante un rival por confirmar.

A pretemporada marcha así para o Cadete de Darío Cotelo:

Torneo MS2 Cup (Mondariz)
Primeira Fase
CADETE 3 (Lucas Taibo e Adrián Guerrero -2-) - AJ LÉREZ 0
CADETE 3 (Noe Carrillo, Adrián Guerrero e Iraitz) - RÁPIDO DE BOUZAS 0
Semifinais
CADETE 1 (un futbolista rival en propia meta) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0
Final
CADETE 1 (Juan Barros) - RC CELTA 0

IV Memorial Marcos Gómez (Viveiro)
VIVEIRO CF (xuvenil) 0 - CADETE 2 (Noe e Jorge)

Definido o subgrupo A da División de Honra

O Cadete quedou encadrado no subgrupo A da División de Honra, categoría na que esta temporada defenderá o título de campión.

Compoñen o subgrupo estes equipos: Ural Español CF, CD Calasanz, Victoria CF, Atlético Coruña Montañeros CF, Galicia de Caranza, Racing de Ferrol, San Tirso SD, Bergantiños CF, CD Lugo, ED Xuventude de Oroso e Bertamiráns FC.

Nesta primeira parte da competición, o formato será de liga todos contra todos en cada subgrupo, a dobre volta. En total son 22 xornadas. Os catro primeiros xogarán a Fase polo Título cos catro primeiros clasificados do subgrupo B. O resto disputará unha Fase pola Permanencia.

Na Fase polo Título o formato será de liga a dobre volta pero só contra os catro equipos clasificados do subgrupo B. O primeiro de cada subgrupo da Primeira Fase arranca esta segunda parte da competición con cinco puntos; os segundos con tres; os terceiros con dous; e os cuartos clasificados cun punto. Ao concluír, os catro primeiros xogarán as semifinais, a partido único en casa do mellor clasificado. A final será nunha sede que ditaminará a Federación Galega.

No Grupo pola Permanencia, o formato será de liga a dobre volta pero só contra os equipos que proceden do subgrupo B. Neste caso os quintos de cada subgrupo comezan con sete puntos; os sextos con seis; os sétimos con cinco; os oitavos con catro; os novenos con tres; os décimos con dous; os undécimos cun punto; e os duodécimos con cero. Os tres últimos perderán a categoría.