RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete, que comeza a liga o 3 de outubro, quedou encadrado no subgrupo A da División de Honra

O equipo Cadete do Dépor quedou encadrado no subgrupo A da División de Honra, categoría na que esta temporada defenderá o título de campión.

Compoñen o subgrupo estes equipos: Ural Español CF, CD Calasanz, Victoria CF, Atlético Coruña Montañeros CF, Galicia de Caranza, Racing de Ferrol, San Tirso SD, Bergantiños CF, CD Lugo, ED Xuventude de Oroso e Bertamiráns FC.

Nesta primeira parte da competición, o formato será de liga todos contra todos en cada subgrupo, a dobre volta. En total son 22 xornadas. Os catro primeiros xogarán a Fase polo Título cos catro primeiros clasificados do subgrupo B. O resto disputará unha Fase pola Permanencia.

Na Fase polo Título o formato será de liga a dobre volta pero só contra os catro equipos clasificados do subgrupo B. O primeiro de cada subgrupo da Primeira Fase arranca esta segunda parte da competición con cinco puntos; os segundos con tres; os terceiros con dous; e os cuartos clasificados cun punto. Ao concluír, os catro primeiros xogarán as semifinais, a partido único en casa do mellor clasificado. A final será nunha sede que ditaminará a Federación Galega.

No Grupo pola Permanencia, o formato será de liga a dobre volta pero só contra os equipos que proceden do subgrupo B. Neste caso os quintos de cada subgrupo comezan con sete puntos; os sextos con seis; os sétimos con cinco; os oitavos con catro; os novenos con tres; os décimos con dous; os undécimos cun punto; e os duodécimos con cero. Os tres últimos perderán a categoría.

O conxunto deportivista, dirixido por Darío Cotelo, arrancou o pasado martes 10 de agosto a pretemporada con estes xogadores:

- Porteiros: Anxo Regueiro e Aarón Basteiro (procedente do Bertamiráns CF)

- Defensas: Hugo Torres, Pablo Parada, Diego Miranda, Adrián González, Javier Fernández e Ayana Bello

- Centrocampistas: Manu Ferreiro, Zoe Ceias, Noe Carrillo, Marcos Baluja, David Carballo, Daniel Estévez e Samuel Vázquez

- Dianteiros: Luis Viñas, Iraitz Casal, Adrián Guerrero, Jorge García e Jaime Calviño

Ademais, Román Noya, Yago Moreira, Jorge Oreiro, Lucas Taibo, Juan Barros e Mesfín Gómez adéstranse xa co Xuvenil B que prepara Álex Antón.

Onte domingo o Cadete estreouse en pretemporada, con motivo do Trofeo MS2 Cup no campo da Lagoa (Mondariz).

O cadro branquiazul logrou unha brillante medalla de ouro no torneo despois de vencer ao RC Celta na final (1-0), con gol de Juan Barros.

Os resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
CADETE 3 (Lucas Taibo e Adrián Guerrero -2-) - AJ LÉREZ 0
CADETE 3 (Noe Carrillo, Adrián Guerrero e Iraitz) - RÁPIDO DE BOUZAS 0

Semifinais
CADETE A 1 (un futbolista rival en propia meta) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0

Final
CADETE A 1 (Juan Barros) - RC CELTA 0