RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Club recibe as citacións internacionais de Gardado e Ze Castro

Andrés Gardado foi citado para os dous próximos partidos oficiais de México, o sábado 4 e o martes 7 do próximo mes de setembro, ante Ecuador e Colombia respectivamente. O pasado 11 de agosto, Gardado se enfrentó

Por outra banda, Ze Castro foi preconvocado por Portugal para medirse a Chipre (venres 3 de setembro) e a Noruega (mércores 7) en partidos clasificatorios para a próxima Eurocopa. Nos próximos días, a Federación Portuguesa comunicará a lista definitiva.

Hai xa uns días, Lassad foi preconvocado para o partido da súa Selección, Tunes, fronte a Malaui, en Tunes, o sábado 4 de setembro, clasificatorio para a Copa de África 2012.

Actualmente Lassad está lesionado, ao sufrir no amigable do Deportivo en Lalín ante o Pontevedra unha contusión no quinto metatarsiano do seu pé dereito. Por esta mesma razón, o dianteiro branquiazul non viaxou co equipo á última xira de pretemporada.