RCD / NOVAS

O Dépor Abanca comeza mañá martes a preparar a visita do Atlántida Matamá a Arteixo

27/03/2017 19:49

O Deportivo Abanca comeza mañá martes 28 de marzo os adestramentos cara á visita do Atlántida Matamá a Arteixo (domingo 2 de abril ás 16:00 horas), en partido pertencente á xornada 24 (antepenúltima) no Grupo 1º da Segunda División Nacional.

Para este encontro, os socios do Deportivo teñen libre acceso ao partido. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 28 de marzo
20:30: Adestramento en Arteixo

Xoves 30 de marzo
20:30: Adestramento en Abegondo

Venres 31 de marzo
19:00: Adestramento en Abegondo

O Deportivo Abanca é segundo na táboa con 56 puntos, a 5 puntos de distancia do líder, o Oviedo Moderno, que ten 61 puntos.