RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA, que descansa hoxe luns, inicia mañá martes a semana de traballo previa á visita ao CD Pradejón

O Deportivo ABANCA, que hoxe luns ten xornada de descanso, comeza mañá martes 11 de xaneiro a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao CD Pradejón prevista para o sábado 15 de xaneiro ás 16:30 horas no Estadio Municipal de Pradejón (A Rioxa).

O corpo técnico branquiazul encabezado por Miguel Llorente e Ana González dispuxo catro sesións de traballo na Cidade Deportiva previas a esta cita correspondente á 14ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.

Cos resultados da fin de semana, o Deportivo ABANCA é segundo na táboa con 31 puntos por 33 puntos do FC Levante Las Planas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 10 de xaneiro
Descanso

Martes 11 de xaneiro
17:00 h.

Mércores 12 de xaneiro
11:30 h.

Xoves 13 de xaneiro
11:30 h.

Venres 14 de xaneiro
10:30 h.

Sábado 15 de xaneiro
16:30: CD Pradejón- Deportivo ABANCA, no Municipal de Pradejón