RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arrincará a temporada con máis de 20.000 abonados

Coas altas e renovacións do día de hoxe na Oficina de Atención ao Deportivista, o Dépor 2018-2019 xa conta con máis de 20.000 abonados. Concretamente son 20.046 os deportivistas que xa teñen o seu carné deste ano, 1.272 de eles novas altas e 3.944 renovacións online. Entre as novas altas e renovacións atópase o corpo técnico do primeiro equipo, encabezado por Natxo González, que aproveitou un oco da intensa pretemporada para retirar o seu abono de temporada xunto a parte do seu equipo de traballo.

Cos prezos definitivos xa vixentes, continúa o horario habitual da OAD [que debido ás obras da cuberta do Estadio ABANCA-RIAZOR atópase provisionalmente na Oficina Principal de Correos (c/ Alcalde Manuel Casás s/n)] de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas para realizar calquera trámite sen ser necesario xa ter cita previa, aínda que se recomenda a todos os deportivistas utilizar a plataforma de cita previa (citaprevia.rcdeportivo.es), que cumpre a súa terceira temporada activa, para axilizar os trámites e reducir as colas. Outro método rápido e efectivo, neste caso de renovación, é conseguir o carné en abonos.rcdeportivo.es