RCD / NOVAS

O Dépor, como campión, homenaxeado por LaLiga entre outros protagonistas dos seus 90 anos de historia

15/05/2019 12:03

O RCDE Stadium acolleu onte á noite a Gala do 90 aniversario de LaLiga na que foron homenaxeados todos os protagonistas dos 90 anos da competición. O lugar escollido para a celebración, o Estadio do RCD Espanyol que, na súa localización en Sarriá hai 90 anos, acolleu a estrea da competición cun Espanyol-Real Unión de Irún

O Real Club Deportivo, representado polo seu capitán histórico e campión de Liga, Fran, xunto a Donato e Javier Irureta, recibiu a homenaxe como un dos 9 campións da competición nas súas 9 décadas. A máis alta representación institucional no acto correu a cargo do presidente, Tino Fernández.

O evento foi presentado polo xornalista Carlos Martínez e o exfutbolista e presentador Michael Robinson.