RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor exercita a saída de balón

Un exercicio de saída de balón foi unha das tarefas principais do Dépor esta mañá no campo 2 da Cidade Deportiva. Natxo González quere un equipo protagonista que sexa dono da pelota e que tente levar o mando dos partidos, tal e como apunta en cada rolda de prensa.

A continuación, o técnico deportivista dispuxo dunha tarefa táctica defensiva.

Hoxe tiveron adestramento específico Celso Borges e Borja Valle, ambos con molestias nos aductores; ademais de Christian Santos, Francis, Bicho e Álex Cobo.

Os fabrilistas Diego Caballo e Uxío estiveron ás ordes de Natxo González, ademais de Mujaid.

Mañá sábado haberá adestramento en Abegondo ás 10:30 horas e, pola tarde (19:00 horas), último amigable do verán, no campo Martínez Otero de Foz fronte ao Real Oviedo, co Trofeo Vila de Foz en xogo.