RCD / NOVAS

O Dépor Feminino cae en Oviedo nun disputado partido (2-1)

11/12/2016 19:23

O Deportivo Feminino, arroupado polos seguidores deportivistas que se desprazaron desde Coruña, caeu esta tarde en Oviedo (2-1) ante o líder da Segunda División Nacional (grupo I), o Oviedo Moderno, nun partido igualado que se decidiu en detalles.

As locais adiantáronse no marcador case ao fío do descanso con tanto de Yoli. Aínda que a mellor oportunidade foi deportivista, cun disparo de Ari que sacou unha defensa asturiana baixo a mesma raia de gol. Antes, María Corral disparou ao traveseiro da meta ovetense.

Tras o descanso, apertou o Dépor pero de novo o Oviedo Moderno golpeou cun segundo gol, obra de Iris de penalti, tras unha contra local moi rápida que naceu nun fallo no lanzamento dunha falta do Deportivo.

Elvira recortou distancias no minuto 68 pero as branquiazuis non foron capaces de, polo menos, levar un punto, aínda que por ocasións o empate quizais era o resultado máis xusto.

Con este resultado, o Deportivo Feminino queda na segunda praza do grupo con 31 puntos, agora a 7 puntos do Oviedo Moderno, líder con 38.

Na próxima xornada, o Deportivo recibe ao Sporting de Gijón, terceiro na clasificación cos mesmos puntos que as deportivistas.

Deportivo: Malena, Miga, Miriam,Tere, Carmela, Ari, Corral, Lía, Estefi, Nuria e Elvira. Tamén xogou: Patri

Os resultados do Deportivo Feminino son os seguintes:

Deportivo Femenino 0 - Oviedo Moderno 0
Sporting de Gijón 2 - Deportivo Femenino 4 (Elvira, Raquel, Nuria e Tami)
Deportivo Femenino 11 (Estefi -5-, Carmela, Miriam, Ari -2- e Nuria -2-) - Victoria 0
Ave Fenix Racing 1 - Deportivo Femenino 4 (Estefi, Ari, Eva e Nuria)
CD Monte 0 - Deportivo Femenino 4 (Elvira -2-, Gere e Patri)
Deportivo Femenino 12 (Estefi -5-, Miriam, Cris, Lía, Eva e Tere -3-) - Atlético Arousana 0
Sárdoma 1 - Deportivo Femenino 5 (Tere -2-, Estefi, Cris e Miriam)
Deportivo Femenino 8 (Miriam -2-, Patri, Tere, Nuria, Raquel e Estefi -2-) - Gijón FF 1
CPM Friol 2 - Deportivo Femenino 1 (Noe)
Deportivo Femenino 6 (María Corral -2-, Elvira -2-, Estefi e Tere) - CD Femiastur 1
Atlántida de Matamá 1 - Deportivo Femenino 0
Deportivo Femenino 8 (Noe -3-, Tere, Patri, Elvira, Ari e Carmela) - Tordoia 0
El Olivo 1 - Deportivo Femenino 6 (Estefi, Nuria -2-, Elvira, Tere e Noe)
Oviedo Moderno 2 - Deportivo Femenino 1 (Elvira)