RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor Genuine xoga o domingo o Torneo Solidario do 5 Coruña Fútbol sala

A Fundación RC Deportivo súmase á organización do Torneo Solidario do 5 Coruña Fútbol sala coa participación do Deportivo Genuine. O 5 Coruña Futbol Sala está a levar a cabo a X edición das súas Xornadas Solidarias, nas que a Fundación RC Deportivo colaborou ademais realizando unha recollida de alimentos non perecedoiros e xoguetes novos en favor de Cáritas Coruña na DéporTienda de ABANCA-RIAZOR até o día 23 de decembro.

O peche final para de este evento é un torneo triangular o domingo 26 de decembro en horario de 18:00 a 21:00 horas no polildeportivo municipal San Francisco Javier da Coruña (Rúa Roberto Tojeiro Díaz 2).

Durante o evento convídase a cada asistente como público a que colabore coa entrega de alimentos non perecedoiros e xoguetes novos para a campaña de Nadal de Cáritas Coruña. Para acceder á instalación hai que inscribirse nesta ligazón de Clubber

O torneo contará coa participación de 3 equipos:
- 5 Coruña Fútbol Sala Feminino 2ª División Nacional
- Un equipo composto por actores e presentadores do programa Malicia Noticas da TVG
- RC Deportivo Genuine.

Deste xeito queriamos axuntar dar visibilidade ao deporte feminino, ao deporte solidario e ao deporte Inclusivo.
18:15 h. RC Deportivo Genuine vs Equipo Famosos
19:15 h. RC Deportivo Genuine vs 5 Coruña Fútbol Sala
20:15 h. 5 Coruña Fútbol Sala vs Equipo de Famosos
21:00 h. Acto final entrega a Cáritas do recadado