RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor loce hoxe venres en Rusia con 3 xogadores no once inicial das súas seleccións

- Foto: @CelsoBorgesCR -

Hoxe venres 22 de xuño xogaron tres branquiazuis o seu segundo partido no Mundial de Rusia, os tres no once inicial das súas respectivas seleccións nacionais, e os tres ademais disputaron completo o seu partido.

Celso Borges caeu con Costa Rica fronte a Brasil (2-0) e queda sen opcións de pasar á seguinte fase. O mediocentro deportivista, que tivo algunha que outra oportunidade de marcar na primeira metade, aguantou co seu equipo as acometidas de Brasil até o desconto, cando Coutinho desnivelou o choque definitivamente.

No grupo D, Francis e Nixeria venceron (2-0) a Islandia e dependen de si mesmos no terceiro partido ante Arxentina para pasar a oitavos de final.

Finalmente, Fabian Schär, con Suíza, gañou a Serbia (1-2) e achégase á seguinte fase da competición. O defensor branquiazul tivo moito traballo polo bo facer en ataque de Serbia e en especial de Mitrovic; e mesmo tivo algunha ocasión para marcar, como unha cabezada após un saque de esquina na primeira metade.

Para o luns (14:00 horas) queda o segundo encontro de Panamá, na que milita o fabrilista Ismael Díaz. O seu rival será unha das poderosas do Mundial, Inglaterra.

Este é o calendario de partidos da fase de grupos mundialista para os 5 deportivistas:

Celso Borges

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
COSTA RICA 0 - SERBIA 1

Venres 22 de xuño
BRASIL 2 - COSTA RICA 0

Mércores 27 de xuño
20:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Fabian Schär

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
BRASIL 1 - SUÍZA 1

Venres 22 de xuño
SERBIA 1 - SUÍZA 2

Mércores 27 de xuño
20:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Francis Uzoho

Copa do Mundo (Grupo D)
Sábado 16 de xuño
CROACIA 2 - NIXERIA 0

Venres 22 de xuño
NIXERIA 2 - ISLANDIA 0

Martes 26 de xuño
20:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium

Ismael Díaz

Copa do Mundo (Grupo G)
Luns 18 de xuño
BÉLXICA 3 - PANAMÁ 0

Domingo 24 de xuño
14:00: INGLATERRA - PANAMÁ, no Nizhny Novgorod Stadium

Xoves 28 de xuño
20:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Arena (Saransk)

Michael Krohn-Dehli

Copa do Mundo (Grupo C)
Sábado 16 de xuño
PERÚ 0 - DINAMARCA 1

Xoves 21 de xuño
DINAMARCA 1 - AUSTRALIA 1

Martes 26 de xuño
16:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)