RCD / NOVAS

O Dépor-Málaga abrirá, o venres 6 de abril, a 31ª xornada de LaLiga

19/03/2018 10:57

LaLiga fixo públicos os horarios da 31ª xornada de LaLiga Santander 2017-2018, na que o Deportivo recibirá a visita do Málaga.

O encontro abrirá esa 31ª data, pois se disputará o venres 6 de abril ás 21:00 horas. O choque será retransmitido por Bein LaLiga.

Os horarios dos próximos partidos oficiais xa confirmados do Dépor son:

Xornada 30
Domingo 1 de abril, 20:45 horas, Wanda Metropolitano, Atlético - Deportivo (Bein LaLiga)

Xornada 31
Venres 6 de abril, 21:00 horas, ABANCA-RIAZOR, Deportivo - Málaga (Bein LaLiga)