RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor presta atención esta mañá á estratexia de cara ao partido ante a Cultural, "un gran equipo" segundo Óscar Cano

O Dépor prestou especial atención esta mañá, no adestramento diario na Cidade Deportiva, ás accións de estratexia de cara ao partido deste domingo 20 de novembro ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR ante a Cultural Leonesa, ao que Óscar Cano definiu en rolda de prensa como "un gran equipo".

Ademais, o corpo técnico insistiu de novo, após un quecemento con rondos, nos remates a portería en diferentes situacións, incluído centros laterais.

Ante os medios de comunicación, o adestrador branquiazul confirmou que ten ao seu cadro dispoñible para o partido desta fin de semana fóra dos 4 lesionados: Ian Mackay, Villares, Borja Granero e Pablo Martínez. Tamén está apto Raúl Carnero, que onte non se adestrou a consecuencia dun "proceso gripal natural nestas datas".

Dani Barcia, Ángel Puerto e Brais Val foron os representantes de #ANOSACANTEIRA na sesión de hoxe.

Mañá sábado, o Dépor realizará un último ensaio previo ao choque ante os leoneses. Será en ABANCA-RIAZOR a partir das 10:30, a porta pechada.