RCD / NOVAS

O Dépor viaxa a Lugo o domingo após unha suave sesión en Abegondo

15/05/2019 10:39

O Deportivo desprázase a Lugo este domingo 19 de maio para medirse ao CD Lugo no Anxo Carro esa mesma tarde (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV).

O equipo reunirase á primeira hora da mañá para almorzar en Abegondo e realizar un breve adestramento, antes de partir en autocar á cidade lucense.

O plan do día, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é o seguinte:

Domingo 19 de maio
10:30: Adestramento en Abegondo
11:30: Saída da Cidade Deportiva con destino Lugo
12:30: Chegada e aloxamento no Eurostars Gran Hotel de Lugo
20:00: CD Lugo - Deportivo, no Anxo Carro
Ao finalizar traslado a Coruña