RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O deportivismo apoiará aos seus na Rosaleda e no Díaz Vega

Unha vez concluída a venda das entradas postas a disposición do RC Deportivo por parte do Málaga CF, serán medio centenar de afeccionados branquiazuis os que apoien ao equipo na Rosaleda, este domingo 19 de novembro ás 12:00 horas.

Para este encontro fronte ao conxunto andaluz, correspondente á 12ª xornada de LaLiga Santander, mobilizáronse un total de 8 peñas: Al Sur de Riazor, Manuel Pablo, Caña Derbas, Camándulas RCD, Burela, Caramuxo, Barcelona e Jaén.

Ademais, unha trintena de seareiros acompañarán ao Deportivo ABANCA no seu importante atopo fronte ao líder do Grupo 1º da Segunda División Nacional, o Oviedo Moderno. A peña La Cuesta acudirá ao partido, que comezará ás 12:30 horas no campo Díaz Vega da capital asturiana, nun autobús financiado polo Club.