RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA B aférrase ao liderado da man de Noela, autora dun 'hat trick' en Xixón

O Deportivo ABANCA B amarrou o liderado do grupo 1º de Primeira Nacional ao derrotar (0-3) ao Gijón FF no campo de La Cruz, en partido correspondente á 5ª xornada.

Sen competición no primeiro equipo en Primera Federación FutFem, Kevin Cabado tivo á súa disposición as futbolistas que están en dinámica do primeiro equipo habitualmente, como son Paula Novo, Paula Monteagudo, Marta Rico ou Noela, todas elas titulares.

Precisamente Noela, revelación nesta pretemporada e xa con minutos en partido oficial no Dépor ABANCA, foi a protagonista xa que anotou os tres goles branquiazuis.

Con este resultado, o equipo que dirixe Kevin Cabado manda en solitario con 13 puntos, por diante do Sporting de Gijón, que ten 12 puntos na segunda praza.

Deportivo ABANCA B: Reigosa, Elena López 'Cusi', Paula Novo, María Calvo, Paula Monteagudo, Marta Rico, Carmen Carballada, Tati, Laura Otero, Laura Testa e Noela. Tamén xogaron: Abril, Lucía Rivas, Lucía Couto, Uxía Cabada e Celia.

A próxima fin de semana, o Dépor ABANCA B recibe en Abegondo ao Real Avilés CF.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 2 (Marta Rico e Noela) - Sporting de Gijón 1
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)