O Deportivo Abanca B confirma ante o Umia a súa traxectoria ascendente
O Deportivo Abanca B tombou ao Umia (1-0) en Arteixo e confirma desta forma a súa traxectoria ascendente na Primeira División Autonómica. Vero, que ademais dispuxo das ocasións máis claras do encontro, foi a autora do único tanto deportivista que ao cabo valeu tres novos puntos para as branquiazuis.
Con este marcador, o Deportivo Abanca B escala ao sexto posto na clasificación con 43 puntos.
Deportivo Abanca B: Ameneiros, Laura, Pauli, Noe, Ainhoa, Cape, Karina, Raña, Ari, Natalia e Vero. Tamén xogaron: Merchi, Doce, Marta e Ana.
O vindeiro domingo, o Deportivo Abanca B acaba a liga coa visita ao Milagrosa.
Os resultados do conxunto deportivista en Primeira División Autonómica son os seguintes:
AlertaNavia 0 - Deportivo Abanca B 0 Deportivo Abanca B 1 (Noe) - CCAR Valladares 2 Portonovo 2 - Deportivo Abanca B 1 (Raña) Deportivo Abanca B 1 (Natalia) - Victoria B 1 Deportivo Abanca B 1 (Laura Doce) - Victoria FC 2 Sárdoma B 3 - Deportivo Abanca B 3 (Vero -3-) Deportivo Abanca B 0 - UD Ourense 0 San Miguel 3 - Deportivo Abanca B 2 (Vero e unha futbolista rival en propia meta) Deportivo Abanca B 1 (Vero) - O Val 2 Torre 1 - Deportivo Abanca B 2 (Ainhoa e Lucía) Deportivo Abanca B 2 (Vero -2-) - Arcadia 1 Deportivo Abanca B 6 (Vero -5- e Laura) - Xuventú Aguiño 0 Umia 1 - Deportivo Abanca B 2 (Vero -2-) Deportivo Abanca B 0 - Milagrosa 1 Deportivo Abanca B 3 (Ainhoa, Raña e Vero) - AlertaNavia 1 CCAR Valladares 3 - Deportivo Abanca B 1 (Marta) Deportivo Abanca B 1 (Michelle) - Portonovo 2 Victoria B 0 - Deportivo Abanca B 2 (Doce e Vero) Victoria FC 3 - Deportivo Abanca B 1 (Raña) Deportivo Abanca B 4 (Natalia -2-, Vero e Michelle) - Sárdoma B 1 Ourense 2 - Deportivo Abanca B 1 Deportivo Abanca B 3 - San Miguel 0 O Val 0 - Deportivo Abanca B 3 (Vero, Natalia e Ainhoa) Deportivo Abanca B 4 (Alba, Vero -2- e Raña) - Torre 0 Arcadia 2 - Deportivo Abanca B 4 (Vero -3- e Raña) Xuventú de Aguiño 0 - Deportivo Abanca B 10 (Raña -5-, Nati -3-, Alba e Ana) Deportivo Abanca B 1 (Vero) - Umia 0