RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo Abanca B gaña con toda xustiza en O Val

O Deportivo Abanca B sumou tres novos puntos en O Val (0-3), con tantos de Vero, Natalia e Ainhoa. A superioridade deportivista foi total e mesmo as branquiazuis fallaron un penalti, que suporía máis vantaxe no marcador.

Con este resultado, o Deportivo Abanca B suma 28 puntos e é décimo na clasificación da Primeira División Autonómica; á espera da decision do Comité de Competición sobre o partido do pasado fin de semana ante o San Miguel, ao que non se presentou o cadro pontevedrés.

Deportivo Abanca B: Ameneiros, Laura, Pauli, Noe, Ainhoa, Cape, Doce, Raña, Ari, Alba e Vero. Tamén xogaron: Merchi, Natalia, Karina e Marta.

O próximo fin de semana, o Deportivo Abanca B recibe ao Torre en Arteixo.

Os resultados do conxunto deportivista en Primeira División Autonómica son os seguintes:

AlertaNavia 0 - Deportivo Abanca B 0
Deportivo Abanca B 1 (Noe) - CCAR Valladares 2
Portonovo 2 - Deportivo Abanca B 1 (Raña)
Deportivo Abanca B 1 (Natalia) - Vitoria B 1
Deportivo Abanca B 1 (Laura Doce) - Vitoria FC 2
Sárdoma B 3 - Deportivo Abanca B 3 (Vero -3-)
Deportivo Abanca B 0 - UD Ourense 0
San Miguel 3 - Deportivo Abanca B 2 (Vero e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo Abanca B 1 (Vero) - O Val 2
Torre 1 - Deportivo Abanca B 2 (Ainhoa e Lucía)
Deportivo Abanca B 2 (Vero -2-) - Arcadia 1
Deportivo Abanca B 6 (Vero -5- e Laura) - Xuventú Aguiño 0
Umia 1 - Deportivo Abanca B 2 (Vero -2-)
Deportivo Abanca B 0 - Milagrosa 1
Deportivo Abanca B 3 (Ainhoa, Raña e Vero) - AlertaNavia 1
CCAR Valladares 3 - Deportivo Abanca B 1 (Marta)
Deportivo Abanca B 1 (Michelle) - Portonovo 2
Victoria B 0 - Deportivo Abanca B 2 (Doce e Vero)
Victoria FC 3 - Deportivo Abanca B 1 (Raña)
Deportivo Abanca B 4 (Natalia -2-, Vero e Michelle) - Sárdoma B 1
Ourense 2 - Deportivo Abanca B 1 (Noe)
Deportivo Abanca B - San Miguel, suspendido
O Val 0 - Deportivo Abanca B 3 (Vero, Natalia e Ainhoa)