RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA liquida con goleada o seu primeiro amigable de pretemporada

O Deportivo ABANCA, que iniciou a pretemporada o pasado martes 18 de xullo, tivo hoxe domingo 30 de xullo o seu primeiro test de pretemporada. Foi no campo 7 da Cidade Deportiva de Abegondo ante a Torre, conxunto que milita na Primeira División Autonómica.

A diferenza de categoría entre un e outro equipo quedou reflectida no marcador (17-0). Manu Sánchez, técnico deportivista, aliñou dous onces practicamente diferentes, un en cada tempo, co obxectivo de dar minutos de xogo a todas as súas futbolistas.

Primeira parte: Sheila, Michelle, Silvia Mérida, Laura Vázquez, Antía, Alba, Iris, Jone, Lía, Ari e Estefi.

Segunda: Malena, Cris, Raquel, Silvia Mérida, Patri Rúa, Tere Abelleira, Sofi, Sara, Kika, Nuria e Gaby.

Os goles branquiazuis foron obra de Jone, Ari -3-, Estefi -3-, Lía -2-, Sara -4-, Kika, Nuria, Patri Rúa e Gaby.

Polo demais, o cadro deportivista non deberá disputar a fase preliminar da Copa Deputación da Coruña, na que entrará nos oitavos de final, nos que se enfrontará ao gañador da eliminatoria previa entre o Deportivo Orzán e o Portazgo.

O prato forte da pretemporada para as xogadoras que dirixe Manu Sánchez será o V Trofeo Teresa Herrera, que se celebrará o 5 de agosto no Estadio ABANCA-RIAZOR, co Athletic Club como rival.

O calendario da pretemporada para o Deportivo ABANCA queda deste xeito:

30 de xullo: Deportivo ABANCA 17 (Jone, Ari -3-, Estefi -3-, Lía -2-, Sara -4-, Kika, Nuria, Patri e Gaby) - Torre 0

5 de agosto: Deportivo ABANCA - Athletic Club (Estadio ABANCA-RIAZOR)

6 de agosto: Deportivo Orzán ou Portazgo - Deportivo ABANCA, nos oitavos de final da Copa Deputación

9 de agosto: Sporting Braga - Deportivo ABANCA (Braga, Portugal)

15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato 3 en 1, contra CPM Friol e Victoria FC (A Reigosa, Friol)

26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)