RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA métese con facilidade nas semifinais da Copa Deputación

O Deportivo ABANCA mostrouse moi superior esta mañá en Santiago (0-8) ao Victoria FC e alcanzou as semifinais da Copa Deputación. Peke -4-, Sara, Kika, Gabi e Estefi foron as goleadoras branquiazuis.

O rival en semifinais será o vencedor da eliminatoria entre o Tordoia e o Touro.

Deportivo ABANCA: Malena, Laura, Iris, Patri, Cris, Kika, Tere Abelleira, Lía, Peke, Gabi e Sara. Tamén xogaron: Jone, Miga, Estefi e Alba.

Antes da seguinte rolda copeira, o Deportivo ABANCA disputará este martes 15 de agosto o Torneo Concello de Friol, co CPM Friol e de novo o Victoria FC como rivais. Será no campo da Reigosa, na citada localidade lucense.

O calendario da pretemporada para o Deportivo ABANCA queda deste xeito:

30 de xullo: Deportivo ABANCA 17 (Jone, Ari -3-, Estefi -3-, Lía -2-, Sara -4-, Kika, Nuria, Patri e Gaby) - Torre 0
2 de agosto, oitavos de final da Copa Deputación: Deportivo Orzán 0 - Deportivo ABANCA 18 (Kika, Jone, Estefi -3-, Sara -3-, Tere Abelleira, Gabi -6-, Cris e Alba -2-)
5 de agosto: Deportivo ABANCA 0 - Athletic Club 1
9 de agosto: Sporting Braga 3 - Deportivo ABANCA 1 (Gaby)
13 de agosto, cuartos de final da Copa Deputación; Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 8 (Peke -4-, Sara, Kika, Gabi e Estefi)
15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato 3 en 1, contra CPM Friol e Victoria FC (A Reigosa, Friol)
26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)