RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA sentenza ao Atlántida pola vía rápida

Consciente do perigo do rival, o Atlántida de Matamá, o Deportivo ABANCA sentenciou (1-4) o partido correspondente á 15ª xornada no grupo 1º da Segunda División Nacional pola vía rápida.

En apenas un cuarto de hora, Lía, Nuria e Peke puxeron un 0-3 no marcador xa definitivo. Nuria, na segunda metade, puxo a guinda a un encontro moi serio en todas as facetas das deportivistas.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA é líder da categoría con 43 puntos. Segundo é o Oviedo Moderno, que suma 39 pero cun partido menos xogado.

Deportivo ABANCA: Malena, Nuria, Sara, Raquel, Mérida, Miriam, Teresa, Iris, Lía, Peke e Gaby. Tamén xogaron: Jone, Kika, Oreiro e Patri.

A próxima semana non haberá competición ligueira. En quince días, o domingo 28, o Deportivo ABANCA visita ao CD Femiastur.

Os resultados do Deportivo ABANCA en liga son os seguintes:

Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa Abelleira -3-, Kika -2-, Sara e Peke)
Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam) - Atlántida de Matamá 1
Deportivo ABANCA 9 (Estefi -2-, Kika, Miriam, Gaby, Peke e Jone -3-) - CD Femiastur 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Raquel, Sara e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -3-, Lía, Iris, Sara e Peke) - Sárdoma 0
CDE Racing Féminas 1 - Deportivo ABANCA 2 (Peke -2-)
Deportivo ABANCA 13 (Gaby -2-, Estefi -7-, Jone -2-, Peke e unha futbolista rival en propia meta) - CF Vimenor 0
CD Monte 2 - Deportivo ABANCA 2 (Miriam e Peke)
Deportivo ABANCA 16 (Peke, Gaby -2-, Kika -4-, Laura -2-, Miriam -3-, Estefi -2- e Jone -2-) - UD Llanera 0
Oviedo Moderno 0 - Deportivo ABANCA 1 (Peke)
Deportivo ABANCA 4 (Teresa, Peke, Gaby e Jone) - Sporting de Gijón 0
Victoria CF 1 - Deportivo ABANCA 4 (Gaby, Peke, Estefi e Nuria)
Deportivo ABANCA 7 (Iris, Gaby, Jone -2-, Estefi e dúas futbolistas rivais en propia meta) - CPM Friol 1
Deportivo ABANCA 9 (Peke -4-, Nuria -3-, Sara e Silvia Mérida) - Gijón FF 0
Atlántida de Matamá 1 - Deportivo ABANCA 4 (Lía, Nuria -2- e Peke)