RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA supera ao Victoria CF e xa está en semifinais da Copa Galicia

Hoxe xoves 12 de outubro, día festivo, o Deportivo ABANCA visitou ao Victoria CF na segunda xornada da Primeira Fase da Copa Galicia.

Venceron as deportivistas (0-5), un resultado que as clasifica matematicamente como primeiras do grupo norte para a semifinal, que será ante o segundo clasificado do grupo sur, nunha eliminatoria a ida e volta.

Estefi -2-, Peke -2- e Sara foron as autoras dos goles ante o Victoria CF, nun partido dominado de principio a fin polo Deportivo ABANCA.

O encontro tivo como nota positiva ademais o regreso de Nuria, recuperada da lesión de nocello sufrida coa Selección Española no último Campionato de Europa Sub-19.

Deportivo ABANCA: Sheila, Raquel, Silvia Mérida, Patri, Miga, Oreiro, Peke, María Corral, Nuria, Estefi e Jone. Tamén xogaron: Teresa, Kika, Gaby, Sara e Michelle.

Os resultados do equipo deportivista nesta competición foron os seguintes:

Deportivo ABANCA 7 (Peke -4-, Gaby -2- e Estefi) - CPM Friol 0
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 5 (Estefi -2-, Peke -2- e Sara)

A fin de semana, concretamente o domingo 15 de outubro (10:30 horas), toca de novo xogar lonxe de Arteixo, concretamente en Santander (Ciudad Deportiva del Racing, campo Nando Yosu) ante o CDE Racing Féminas, na 6ª xornada de liga no grupo 1º de Segunda División Nacional.